Jesse L. Brown

Infotaula de personaJesse L. Brown

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Hattiesburg, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de decembro de 1950 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Changjin, Corea do Norte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortehipotermia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Ohio
Eureka School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial , aviador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1946 Editar o valor em Wikidata -
Carreira militar
LealdadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Rango militaralferes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra de Corea e Batalla do encoro de Chosin Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Brown-42938 Find a Grave: 114090374 Editar o valor em Wikidata

Jesse LeRoy Brown, nado en Hattiesburg, Mississippi, Estados Unidos o 13 de outubro de 1926 e finado na batalla do encoro de Chosin, Corea do Norte, o 4 de decembro de 1950, foi o primeiro aviador naval afroamericano na Armada dos Estados Unidos. Recibiu a Cruz de Voo Distinguido e foi o primeiro oficial de mariña caído en combate na guerra de Corea, polo que recibiu a condecoración Corazón Púrpura a título póstumo.

Naceu no seo dunha familia pobre de Mississippi. Graduouse co segundo mellor promedio da súa escola secundaria malia a segregación racial e obtivo un título universitario na Universidade Estatal de Ohio. Sentiu fascinación polos avións desde neno e alistouse na Armada dos Estados Unidos en 1946, converténdose en gardamariña Brown conseguiu as súas ás de piloto o 21 de outubro de 1948, logro do que a prensa da época fíxose amplo eco. En xaneiro de 1949 foi destinado ao Escuadrón n.° 32 de Caza e Ataque a bordo do portaavións USS Leyte, onde chegou a ser xefe de escuadrilla.

Ao comezo da Guerra de Corea incorporouse xunto á súa unidade ás forzas destinadas á zona de conflito, onde chegou en outubro de 1950. Brown, co grao de alférez de fragata, efectuou vinte misións de combate antes de que o seu avión fose alcanzado e estrelásese nunha remota montaña o 4 de decembro de 1950, cando realizaba unha misión de apoio ás tropas terrestres na batalla do encoro de Chosin. Faleceu a consecuencia das feridas a pesar dos esforzos do seu compañeiro Thomas J. Hudner, Jr., que de forma premeditada estrelou o seu propio avión nun intento de rescate.

Os logros de Brown nas forzas armadas dos Estados Unidos durante a época de segregación foron recollidos en varios libros. A fragata USS Jesse L. Brown foi bautizada na súa honra.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne